Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Noia inviste case 48.000 euros na rede de saneamento da aldea de Sueiro, na parroquia de Argalo


 

O Concello de Noia investiu 47.940,55 euros do seu Remanente de Tesourería nunha obra de saneamento e mellora do firme no lugar de Sueiro, na parroquia de Argalo, que era moi demandada pola veciñanza da zona. “A obra incluíu a instalación de colectores de PVC, cos seus correspondentes pozos de rexistro, e a mellora do camiño cunha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor en aglomerado en quente sobre unha superficie duns 1.000 metros cadrados”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón.